Η παρουσίαση φορτώνεται. Παρακαλείστε να περιμένετε

Η παρουσίαση φορτώνεται. Παρακαλείστε να περιμένετε

9 As ondas, luz e son Exercicios

Παρόμοιες παρουσιάσεις


Παρουσίαση με θέμα: "9 As ondas, luz e son Exercicios"— Μεταγράφημα παρουσίασης:

1 9 As ondas, luz e son 1 2 3 Exercicios
Física e Química 4.º ESO Exercicios 1 Indica a diferencia que existe entre un movemento vibratorio e unha onda . Nun deles móvese materia e noutro o que se move é a enerxía. 2 Cita dous exemplos de ondas transversais e ondas lonxitudinais Transversais: Un latigazo dado con unha soga. Ondas do mar Lonxitudinais: O son. Un belisco dado nun resorte. 3 Ó pulsa-la corda dunha guitarra, transmítese unha onda no aire. ¿Cal e a magnitude que permanece invariable: a súa velocidade, a súa amplitude, a súa frecuencia ou a súa lonxitude de onda? A magnitude invariable é a amplitude, a velocidade e a lonxitude de onda cambian cando a onda cambia de medio material.

2 9 As ondas, luz e son 4 5 6 7 8 Exercicios
Física e Química 4.º ESO Exercicios 4 ¿Por que non oímos na terra as explosións que ocorren no sol ? Porque as ondas sonoras precisan dun medio para propagarse e entre o sol e a terra hai baleiro. 5 ¿Onde se propaga máis rapidamente o son: no aire ou na auga? Propágase mais rapidamente na auga porque as partículas da auga están mais próximas, entre sí, que as dos gases. 6 Un martelo pneumático produce un ruído próximo ós 110 dB ¿Por qué deben levar casco os traballadores que os utilizan? Por aproximarse aos 120 dB o que significa sensación de dor. 7 O dó da escala musical ten unha frecuencia de 264 Hz, e o la, 440 Hz, ¿Cal dos dous tons é maís agudo?. O mais agudo é o de maior frecuencia: La. 8 ¿Por que é posible identificar a unha persoa pola voz? Porque teñen diferente timbre, ou forma de onda.

3 9 As ondas, luz e son 9 10 Exercicios
Física e Química 4.º ESO Exercicios ¿Como se chaman as zonas próximas ao visible do espectro electromagnético de inferior frecuencia có vermello e de maior frecuencia có violeta? ¿Podemos velas directamente? 9 Infravermello e ultravioleta. Non se poden ver por ter maior ou menor frecuencia que a franxa de luz visible. 10 O índice da refracción da auga é de n = 1,33. ¿Que valor ten a velocidade de propagación da luz na auga? n = 1,33.

4 9 As ondas, luz e son 11 12 13 Exercicios
Física e Química 4.º ESO Exercicios Sitúate fronte a unha parede e logo fronte a un espello . ¿Por que ve-la parede e o espello? ¿Por que te ves reflectido no espello e non na parede? 11 Por incidir a luz sobre eles. Por a rugosidade da parede. A reflexión producida por a parede é difusa e non forma imaxes, caso contrario do ocorrido con o espello O índice de refracción do aire é 1 e o de a auga é 1,33. Se un raio de luz pasa do aire á auga , ¿o raio refractado acercase ou afástase da normal? ¿E se pasa da auga ó aire? 12 Aire n1=1 Auga n2= 1, n1.senî =n2.sen^r senî = 1,33.sen^r senî > sen^r î > ^r O raio acércase á normal ao pasar do aire á auga. Se pasa da auga ao aire o razoamento é similar, o raio afástase da normal. A cor amarela ten unha frecuencia 5,2 ·1014 Hz.¿Cal será a lonxitude de onda desta cor no baleiro? 13 c = λ.f sendo c=3.108m/s f= 5,2.1014Hz resulta λ= 5,7.10-7m

5 9 As ondas, luz e son 14 16 17 18 Exercicios
Física e Química 4.º ESO Exercicios 14 Para unha amplitude determinada , ¿que sons teñen máis intensidade: os agudos ou os graves? Segundo a fórmula I = cte. A2. f2 , se a amplitude non varía, a intensidade depende directamente do cadrado da frecuencia, a maior frecuencia maior intensidade, os agudos teñen maior frecuencia que os graves, polo tanto teñen maior intensidade. 16 Se golpeas cun martelo sobre o canto unha prancha de aceiro ¿en que dirección vibran as partículas do material? ¿en que dirección se propaga perturbación? Os dous movementos (vibratorio e ondulatorio) se propagan na mesma dirección, a do golpe 17 ¿Que diferencia existe entre unha onda mecánica e unha onda electromagnética? A onda mecánica precisa dun medio para a súa propagación, a electromagnética non. Se cada cadro da figura representa un 1 cm , calcula o valor da amplitude a lonxitude de onda do movemento ondulatorio representado nela 18 A = 3cm λ= 3cm .

6 9 As ondas, luz e son 20 21 22 Exercicios
Física e Química 4.º ESO Exercicios Unha onda electromagnética que se despraza polo baleiro ten unha lonxitude de onda λ= 2m. Calcula o valor da súa frecuencia e indica, consultando o espectro electromagnético, de qué tipo de onda se trata. 20 λ =2m v = c como c = λ .f f = c/ λ = 3.108/2 = 1,5.108Hz Trátase dunha microonda 21 Se a velocidade da luz nun medio é 1/3 máis pequena que no baleiro, ¿canto vale o índice de refracción de dito medio ? v = c-c/3=2c/ como n = c/v= c/2c/3 = 3/2 22 No mar aberto visuálizanse ondas que se propagan cunha velocidade de 10 m/s e teñen unha frecuencia f = 2 Hz. ¿Cales son o seu período e a súa lonxitude de onda? V = 10m/s f=2Hz T=1/f =0,5s λ= v / f = 5m

7 9 As ondas, luz e son 23 24 25 Exercicios
Física e Química 4.º ESO Exercicios Un movemento ondulatorio de período T = 0,01s e lonxitude de onda λ= 0,8 m ¿que velocidade de propagación leva? 23 V = λ / T = 0,8 / 0,01 = 80 m/s 24 No campo oímos un trono 5s despois de ve-lo relampo. Se a velocidade do son no aire é de 340 m/s ¿A que distancia está la tormenta? Considera instantánea a propagación do relampo. O son percorre 340m/s . 5s = 1700m 25 Os avións supersónicos son capaces de alcanzaren velocidades superiores á do son. Esta velocidade en aviación denominase 1 mach ( 1mach = 340 m/s) ¿Que velocidade expresada en km/h acada un avión que voa a 2,5 mach? 2,5mach = 850 m/s =3060 km/h

8 9 As ondas, luz e son 26 27 28 29 Exercicios
Física e Química 4.º ESO Exercicios 26 ¿Que diferencia existe entre unha onda lonxitudinal e unha transversal ? Pon un exemplo de cada unha. A dirección da velocidade de propagación coincide coa de vibración nas ondas lonxitudinais, mentres que é perpendicular nas transversais 27 Indica as diferencias entre as ondas sonoras da figura. Nas ondas da figura cambia a lonxitude de onda. Como son ondas sonoras de V determinada, tamén cambia a frecuencia ou o período. ¿Por que nos resulta estraña a nosa propia voz cando a oímos nunha gravación magnetofónica? 28 Porque o son chega a nos polo aire se foi gravada, e polos osos se a oimos directamente Indica as diferencias entre as ondas sonoras da figura. 29 A Amplitude.


Κατέβασμα ppt "9 As ondas, luz e son Exercicios"

Παρόμοιες παρουσιάσεις


Διαφημίσεις Google