FONÉTICA E FONOLOXÍA A fonética galega
Guión do tema A voz humana Fonética e Fonoloxía Fonema, son e grafía Clasificación articulatoria O Alfabeto Fonético Internacional (AFI)
A voz humana O aparello fonador é un conxunto de órganos implicados na produción da voz. Todos os órganos que o forman cumpren ademais outra función fisiolóxica. O órgano fonador por excelencia é a larinxe, onde se produce o son. O aparello fonador divídese en tres partes: cavidades infraglóticas, glótica e supraglóticas.
Aparello respiratorio
O aparello fonador
As cavidades supraglóticas
A glote
Fonética É unha disciplina da Lingüística Estuda o aspecto físico: o ton, intensidade, … Estuda a produción e percepción do son Relaciónase coa Fisioloxía e a Física Non só estuda os sons illados, senón tamén as súas combinacións
Fonoloxía É unha disciplina da Lingüística Estuda as relacións dos sons en tanto que serven para diferenciar significados Ocúpase dos sons ideais: os fonemas
Fonema Os fonemas son conceptos abstractos Son modelos ideais dun son Son un conxunto limitado Serven para distinguir o significado Estúdaos a Fonoloxía
Son É a realización física dun fonema Non distingue significados Estúdaos a Fonética Hai máis ca fonemas Hai dous tipos: Individuais: son ilimitados Norma: limitados
Grafía Representación gráfica dun fonema O conxunto de letras chámase alfabeto Hai máis letras ca fonemas Hai fonemas que teñen máis dunha grafía Esta é a causa das faltas de ortografía
Clasificación articulatoria Vocalismo e consonantismo O sistema fonolóxico do galego consta dun total de vinteseis elementos que se reparten en dous grupos: vogais e consoantes.
Vogais: tónicas e pretónicas palatal centr velar pechada i u e o media ε Ͻ aberta a
Vogais: postónicas palatal centr velar pechada i u e o media aberta a
Consoantes Clasifícanse segundo tres criterios: O modo de articulación O punto de articulación Sonoridade – Xordez
Punto de articulación bilabiais: os dous labios ou beizos péchanse para impedir a saída do aire. /b/, /p/, /m/. interdentais: o ápice da lingua sae entre os dentes. /θ/. dentais: o ápice da lingua toca os dentes superiores. /d/, /t/. labiodentais: en contacto dentes superiores e labio inferior. /f/. alveolares: o ápice toca a parte superior dos dentes superiores. /l/, /n/, /ɾ/, /r/, /s/. palatais: o dorso da lingua apóiase contra o padal. /ʧ/, /ʎ/, /ɲ/, /ʃ/. velares: prodúcense na parte posterior da boca. /g/, /k/, /ŋ/.
Modo de articulación oclusivos: o aire atopa unha barreira que impide a saída, pero esta desaparece rapidamente facendo que o aire saia con forza, como nunha explosión. /p/, /t/, /k/, /b/, /d/, /g/. fricativos: o obstáculo impide a saída pero non totalmente, de xeito que sae suave e continuadamente. /f/, /s/, /ʃ /, /θ/, laterais: o aire sae por ambos lados da boca, arrodeando á lingua. /l/, /ʎ/. vibrantes: na producción destes sons a lingua vibra e esta vibración traspásase ao aire. Hai vibrante simple, /ɾ/, e múltiple, /r/. africados: son unha mistura entre oclusión e fricación. /ʧ/. nasais: o aire sae pola cavidade nasal. /m/, /n/, /ɲ/, /ŋ/.
Sonoridade - Xordez neste criterio temos en conta se as cordas vogais vibran ou non á saída do aire. Son sonoros /b/, /d/, /g/, /m/, /n/, /ɲ/, /ŋ/, /ɾ/, /r/, /l/, /ʎ/ Son xordos /p/, /t/, /k/, /f/, /ʧ/, /ʃ/, /θ/, /s/.
O AFI